O Banco de Galicia será a primeira Area Mariña Protexida de Galicia de se cumpriren os plans do Goberno Central

Parque natural no mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O director xeral de Recursos Pesqueiros, Fernando Curcio, anunciou onte a intención do Goberno Central de protexer a área mariña coñecida como Banco de Galicia. Este espazo, situado a 120 millas da nosa costa, ocupa uns 836 quilómetros cadrados e alberga un excepcional ecosistema arredor dunha montaña mergullada. Corais brancos e caranguexos reais son algunhas das especies que habitan nesta área, que xa vira reivindicada a súa protección por diversos grupos ecoloxistas.

Máis información en Faro de Vigo e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Culturagalega, Faro de Vigo