Continúa lendo a nova
Nas entrevistas persoais e nas discusións de grupo realizadas ás trece mulleres que forman a mostra, conclúese que existen, principalmente, dous tipos de condicionantes á hora de asistir ao teatro. Un de tipo laboral, pola dispoñibilidade de tempo libre, e o outra económico. Neste último, o grupo analizado establece a barreira sicolóxica dos 20 euros para asistir a un espectáculo.
Segundo os principais resultados dese estudo hai catro tipo de factores claves á hora de asistir ao teatro: o prezo, a accesibilidade, o tempo libre e unha maior promoción dos espectáculos na prensa, radio, televisión e internet. Un feito polo que reclaman a necesidade dunha imaxe de marca que permita identificar as temáticas e os axentes teatrais implicados. Ademais, no grupo dos factores sociais, o estudo analizado bota en falta máis teatro amador e universitario así como a creación de circuítos de exhibición orientados a espectadores concretos.
