A Coruña acolle a antoloxía de Eduardo Naranjo e Clara Valiño expón en Poio

Mostras pictóricas

5/3/2001 | Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
16 lecturas | Compartido 0 veces

A antoloxía do pintor realista Eduardo Naranjo chega á Coruña despois pasar por Lugo e por Vigo. Pola súa banda, Clara Valiño inaugura hoxe unha exposición no Centro Social de Poio.

Eduardo Naranjo


A obra realista de Eduardo Naranjo, cun amplo recoñecemento internacional, recóllese na exposición antolóxica que Caixanova está a programar por toda Galicia. Depois de pasar por Vigo e por Lugo, agora chega ó Kiosko Alfonso da Coruña. A exposición amosa cincuenta e cinco obras. Naranjo, de orixe extremeña formou parte da mesma xeración pictórica que o falecido galego Tino Grandío. As súas obras son de carácter realista, un realismo no que a natureza e a vida son "peneiradas a través da mente", segundo o autor. Na mostra redominan os cadros de grande tamaño, nos que Naranjo se sinte máis cómodo, e abonda nas súas obras a figura humana, o que, para o autor, convirte nunha reliquia na arte actual.




Clara Valiño

A pintora viguesa Clara Valiño inaugura hoxe a súa mostra, que permanecerá aberta ata o venres no Centro Social de Poio. A exposición forma parte dos actos que se están a celebrar no concello co gallo do "Día da Muller Traballadora". Clara Valiño practica a arte pictórica desde hai sete anos, sendo de formación autodidacta. As súas obras están realizadas en papel e lenzo, e a técnica oscila do pastel ó óleo ou os acrílicos, cunha temática variada na que destacan as paisaxes.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poio, A Coruña, Lugo, Vigo...

Claves

Conceptos