A libraría compostelá Kómic celebra 20 anos con dúas exposicións e unha festa

Kómic XX

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Pioneira no campo das librarías especializadas, a compostelá Kómic é toda unha institución na BD galega. Agora, celebra os seus vinte anos con toda unha serie de actividades que se desenvolverán entre o tres e o trece de outubro. Unha mostra de David Rubín e de Fran Bueno, unha conferencia de Álvaro Pons sobre a visión exterior da BD galega, un coloquio entre os tres e, finalmente unha festa-concerto na Sala NASA completan o programa desta celebración. Parabéns e por moitos anos.

O cartel co programa do evento aquí; máis información no blog de David Rubín

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Exposicións, Álvaro Pons, Fran Bueno...