A Coruña acolle o preciosismo e o simbolismo valenciano

Simbolismo che

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Os cadros de Sorolla, Pinazo, Cecilio Pla e Muñoz Degrain locen dende onte e ata o 6 de maio no Museo de Belas Artes da Coruña. A exposición "Preciosismo e Simbolismo" pretende achegar ata a cidade herculina o esplendor da pintura valenciana decimonónica e de principios do século XX.

Desde Valencia


A pintura valenciana que se exhibe ata o vindeiro 6 de maio no Museo de Belas Artes da Coruña recolle o mellor momento da expresión levantina; dende 1864 ata 1940, a época na que esta escola gozou de artistas como Sorolla, Pinazo ou Cecilio que serviron de referente ó que se facía no resto do territorio español. A exposición chega da man do Museo de Belas Artes coruñés, en colaboracióncoa Autoridade Portuariade Vlaencia e a Fundación Instituto Portuario de Estudios e Cooperación da Comunidade Valenciana, co patrocinio da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Na inaguración estiveron presentes o Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga e Ánxel Sicart, Director Xeral e Patrimonio que fixeron fincapé na importancia da pintura alicantina na seu momento.




Dous movementos

O simbolismo e o preciosismo son os movementos nos que participaron os diferentes autores que da xeracións clasificadas como finiseculares. Un período que deu paso ás abstraccións e postguerra.

Que che parece esta nova?
10 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

A Coruña na arte

A Coruña na arte

O Museo de Belas Artes amosa a presenza da cidade na creación dos últimos séculos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valencia, Belas Artes, Museo de Belas Artes da Coruña, Cidade Herculina...