O Centro Dramático Galego (CDG) dá este ano unha volta de porca máis á súa intención de achegarse ao público e acaba de presentar o que chamou “A temporada da cidadanía”. Ademais de programar tres producións propias e unha coprodución, tal e como avanzou o último E-scena, inaugura novas iniciativas como a rede “Espazos CDG” no que participan 12 concellos galegos que converterán a estadía do CDG en cada localidade nun desenvolvemento de actividades relacionadas coas artes escénicas. Canda a isto, o teatro do país aproveitará a súa experiencia para incrementar os servizos de apoio a todos os niveis.
Continúa a nova
“Esforzo, risco, liberdade e emoción” son as características que segundo Cristina Domínguez, directora do Centro Dramático Galego, debe ter o teatro no noso país. E son os mesmos que se pretenderon trasladar á nova temporada que presentaba hoxe no Salón Teatro na compaña de Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura; Miguel Martín, director-xerente do IGAEM; e os autores e directores das montaxes teatrais e os representantes dos doce concellos que fan parte de “Espazo CDG”. En resumo, todos aqueles que fan posible a “temporada de cidadanía”. Unha programación que se sucederá ata o mes de abril e que incorpora tanto oferta escénica como servizos de asesoramento e difusión
As producións
Tres espectáculos de produción propia e unha coprodución compoñen a parte escénica desta temporada. O encargado de abrila (28 de setembro) será Quico Cadaval (Ribeira, 1960) cunha versión libre e particular de “Noite de Reis”. Seguiranlle os títeres en “Valdemuller”, onde Pablo Vergne dirixirá a obra adaptada de Neira Cruz. E pécharana en maio de 2008 Dani Salgado coordinado o proxecto dos tres autores residentes do Centro de Creación Dramática Contemporánea: Rubén Ruibal, Jacobo Paz e Vanesa Sotelo. A obra titúlase “DramA3” e, segundo a nota de prensa difundida na presentación é o “cuestionamento do establecido; é o ascenso ao poder das xeracións máis novas e a busca da purga intelectual”.
A coprodución, a estrear en maio de 2008, chámase “Cascuda”, onde o creador galego afincado en Barcelona, Diego Anido, ofrecerá un discurso artístico que rompe coas fronteiras das disciplinas estéticas convencionais. Anido está a traballar nunha proposta en que a danza, o teatro, a performance e a música se fusionan no escenario.
O servizo
Canda a dimensión expositiva, o CDG no seu interese de achegarse ao público pretende ofrecerse como referente escénico do país poñendo a disposición dos espectadores, os aficionados e os profesionais unha serie de servizos. Isto vai desde o préstamo do fondo disponible (atrezzo e demais material), ao asesoramento profesional e visitas guiadas ás dependencias do Salón Teatro. Unha forma completamente novidosa no teatro público do país para contribuír no seu labor de difusión das artes escéncias.