Nace a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración para apoiar este colectivo

Ilustradores asociados

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

O ilustradores galegos contan xa cunha Asociación para velar polos seus intereses. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración pretende apoiar o labor destes artistas gráficos dando a coñocer a súa obra e prestando asesoramento xurídico e legal para que poidan desenvolver o seu traballo nas mellores condicións.



Membros


A recén creada asociación está presidida polo verterán Xan López Domínguez e ten a súa sede na Coruña. Poderán pertencer a asociación todos os profesionais da ilustración que empreguen calquera tipo de soporte destinado á difusión xeral. Actualmento son trinta os profesionais asociados, aínda que segundo Suso Cubeiro, secretario da nova formación, existen cerca de catrocentos posibles socios en Galicia, que deberán pagar unha cota trimestral de tres mil peseta




Asesoramento

Un dos principais obxectivos da asociación é o de proporcionar asesoramento legal ós seus socios, ofrecendo orientación en cuestións coma dreitos de autor, cursos, subvencións, contratos e contactos con editoriais. Ademais, contémplase a posibilidade de ofrecer asistencia xurídica en determinados casos, servicio que se pretende potenciar segundo vaia medrando a asociación, de xeito que se regularice a situación laboral da profesión. Agora mesmo a asociación xa ten cuberta a asistencia fiscal mediante o asesoramento dunha economista e conta co apoio da Federación de Asociacións de Ilustrdores do Estado Español.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Xan López Domínguez, Asociacións, A Coruña