A asociación de ilustradores presenta unha guía de asesoramento para os profesionais

A Guía Ninja do Ilustrador ofrece consellos legais e económicos aos ilustradores autónomos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Ilustración de capa da Guía. Fonte: AGPI

Ilustración de capa da Guía. Fonte: AGPI

No marco do Festival Viñetas desde o Atlántico a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración ven de presentar a edición impresa da Guía Ninja do Ilustrador. Esta publicación realizada pola AGPI é unha ferramenta de sensibilización sobre boas prácticas na profesión que xorde para reflexionar e concienciar sobre condutas abusivas, ofrecer ferramentas útiles e dar orientación legal aos profesionais creativos

A guía, que está dispoñible en formato PDF en Internet para a súa descarga de balde, estrutúrase coma un decálogo. Contempla temas como “Traballo especulativo (‘spec work’)”;
“ Por que non traballo gratis”; “Débedas e faltas de pagamento” ou “Plaxios e usos indebidos” entre outros. Ademais, como non podía ser menos tratándose desta asociación, acompáñase de ilustracións explicativas. Dado que a maioría dos ilustradores e ilustradoras son profesionais autónomos, como miniempresas, á parte de crear, teñen que manexar plans de empresa, negociar proxectos, facer presupostos, contratos e facturas e coñecer a fondo os dereitos e deberes da súa creación artística, para protexela e poder explotala.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Viñetas desde o Atlántico, AGPI, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración...