O xurado deixa deserto o primeiro premio do GZcrea de banda deseñada

GZcreou menos

Por primeira vez, o certame GZcrea de banda deseñada quedou deserto. Na xuntanza de onte, o xurado decidiu declarar baleiro o primeiro premio do coñecido concurso. A segunda posición foi para o traballo “Teo vai ao inferno” de Jerónimo Piñeiro, mentres que Brais Rodríguez quedou terceiro con “A casa de mamá”. Canda a isto, outorgáronlle cadansúa mención de honra a Laura Velasco, por “Quebracabezas” e a Alba María González, por “Depresión”.

Máis información no
web de GZCrea