O Consello da Cultura Galega organizará actividades co goberno uruguaio en 2008

Compostela-Montevideo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Xa se coñecen os resultados do encontro que o pasado venres mantiveron o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, co ministro uruguaio de Cultura, , Jorge Brovetto, en Montevideo. Diferentes conferencias sobre a realidade uruguaia poderán escoitarse en Compostela. Ao tempo, as mostras “O sorriso de Daniel” e “Nós mesmos. Asociacionismo Galego na migración” visitarán o país austral. Os protagonistas do encontro adiantaron tamén a celebración de concertos e outras actividades para 2008.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas