Recitais poéticos, debates e concertos na celebración do Día Nacional de Galicia en Barcelona

“Diada” galega en Barcelona

Hoxe ao serán comezan os actos organizados pola Rede.cat, a organización que reún e numerosos colectivos galegos en Cataluña, con motivo da celebración do 25 de xullo. Ás 19:30, no Ateneu Barcelonés, o coloquio “Pensamento e acción. Movementos sociais galegos hoxe” presentará as actividades da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e o terceiro número da revista reNOVA Galiza. O 25 de xullo celebrarase a “Repichoca”, un recital poético en galego e catalán na Plaça de l’Ictíneo, ás 19:30. E, ás 21:00, ao carón do Monumento a Colón, actuarán GalegoZ.

Toda a axenda na Rede.cat