O concello de Vigo baralla mudar a pinacoteca do Museo de Castrelos

Os museos mudan

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai máis dun ano que remataron as obras do Quiñones de León e o reforzamento non acaba de callar no público, que segue sen respaldar a súa oferta (54% de visitantes menos que no mesmo semestre do 2006). Segundo publica hoxe “Atlántico Diario” o concello de Vigo pretende buscar unha reformulación do espazo que pasa polo traslado da súa importante pinacoteca (algunhas atribuídas a Rubens e a Goya). Son declaracións feitas a ese medio polo concelleiro de Cultura, Xesús López. Sen embargo, o centro está adscrito, desde o cambio de goberno, a área de Patrimonio Histórico que declinou facer declaracións.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Museo de Castrelos, Museos, León...