Falece Miguel-Anxo Araújo Iglesias, importante valedor do galeguismo cristián

A morte dun bispo

O bispo emérito de Mondoñedo-Ferrol, Miguel-Anxo Araújo Iglesias finou a última hora da tarde do sábado, aos 87 anos de idade. Araújo foi un dos principais valedores do galeguismo e do uso da lingua do país dentro da Igrexa Católica e foi un dos animadores da tradución ao galego do Misal e da Biblia editada por SEPT Edicións. Araújo era membro da Real Academia Galega e fora premiado, entre outros galardóns, coa Medalla Castelao (1988) da Xunta de Galicia e o Premio Trasalba (1989) da Fundación Otero Pedrayo.