Gabriel Rei-Doval: "A escola continúa a desgaleguizar a parte da poboación"

A lingua nas cidades

Para Gabriel Rei-Doval, profesor da Universidade de Wisconsin, o novo e polémico decreto sobre o galego no ensino é "xusto e necesario, unha materia pendente que tiña a sociedade e o goberno galego" xa que, segundo el, hai indicadores que indican que "o modelo actual non funciona ben. Aínda que en menor medida que hai vintecinco anos, a escola segue a ser un elemento desgaleguizador". Rei-Doval presentou onte no Consello da Cultura Galega o seu novo libro "A lingua galega na cidade no século XX", no que estuda os principais indicadores da presenza do galego nas nosas cidades e comparou o uso da lingua entre elas. Falamos nesta entrevista con Gabriel Rei Doval sobre o galego urbanita e o futuro da lingua no ensino.







Ficha de "A lingua galega nas cidades" en lg3; entrevista a Rei-Doval en La Voz de Galicia