Os libros, a devoción relixiosa e as retrospectivas, no CCAC ata xullo

Renovando a axenda

Mentras continúa a exhibición da obra de Stephan Balkenhol e Vari Caramés, o Centro Galego de Arte Contemporánea prepara para os seguintes meses mostras sobre libros como materia prima artística, os pecados capitais e a devoción relixiosa en Galicia. Obras que trae da man do suízo Peter Wüthirch e do brasileiro Efrain Almeida.

Presente




No mesmo momento no que ARCO celebra en Madrid a súa vixésima edición, e no que o Centro Galego de Arte Contemporánea leva parte da súa fundación, na súa sé en Santiago continúan coas exposicións sobre a arte figurativa de Stephan Balkenhol e as fotografías de Vari Caramés (que tamén expón a súa obra na feira internacional do recinto Juan Carlos I de Madrid). Exposicións que se renovarán, polo pronto cos "Documentos básicos" de Darío Villalba. Fotografías e pinturas como fondo de expresión artístico que transmiten sentimentos. A exposición estará dispoñible do 15 de marzo ó 27 de maio.













e futuro



O mundo expresado a través dos libros de Peter Wüthrich supoñen a súa primeira exposición en España, e por ende no CGAC. Esta colección post-minimal e cromática poderase ver do 23 de abril ata o 15 de xullo. Uns días antes, o 8 de xullo, Efrain Almeida exhibirá as lendas populares, episodios bíblicos ou anécdotas persoais, aportando un toque de ironía e moi vencellado á devoción galega ás ánimas. Ademais, do 27 de abril ó 8 de xullo a ferrolana Pamen Pereira será o obxecto dunha exhibición de pintura, escultura, obxectos e ilustracións.