O CDG leva a escea a poetisa partindo dun texto de Otero Pedrayo

Rosalía chega ó teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un texto de Otero Pedrayo sobre Rosalía de Castro. A dirección de Roberto Vidal Bolaño, A música de Rodrigo Romaní. O bo facer do CDG. Todo unido para realizar a que será sen dúbida unha das obras teatrais de éxito esta tempada, "Rosalía".

Unha obra de altura

Será o vindeiro mes cando Centro Dramático Galego (CDG) presente "Rosalía", a súa última producción. A obra está baseada nunha obrade Ramón Otero Pedrayo que se publicou logo da morte do polígrafo ourensán.
O texto, orixinalmente escrito na forma dun diálogo dramático, analiza a vida e o pensamento da poeta, que comparte escea con outros destacados autores do rexurdimento coma Eduaro Aguirre, Manuel Murguía ou Neira de Mosquera.
O prestixioso dramaturgo Roberto Vidal Bolaño foi o encargado de adaptar o texto de Otero Pedrayo para unha representación na que se prevé que interveñan máis de vinte actores.

Música dun mestre

A música desta obra estará a cargo do coñecido músico e antigo membro de Milladoiro Rodrigo Romaní, que compuxo para esta ocasión unha partitura de carácter sinfónico.
Será a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, a encargada de interpretar a banda sonora desta obra, que está previsto que se recolla nun disco compacto. Esta partitura constitúa o segundo traballo en solitario de Rodrigo Romaní logo do seu álbum "Albeida"

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rodrigo Romaní, Teatro, Roberto Vidal Bolaño, Rosalía de Castro...