A cadea de supermercados Gadis repartirá oito mil volumes dunha novela de Tucho Calvo

Xabaril na lista da compra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Oito mil exemplares da novela "O xabaril branco", escrita por Tucho Calvo e ilustrada por Miguelanxo Prado no ano 2000 distribuiránse de balde entre os clientes de Gadis. O agasallo forma parte dunha campaña de fomento da lectura entre os máis novos por parte da empresa de alimentacióne agasallarán un exemplar con cada compra superior a trinta euros. A novela foi o primeiro libro publicado na rede en lingua galega antes de súa aparición en papel. Nos establecementos que a cadea de alimentación ten en León distribuirase a tradución ao castelán do libro.

Máis informción en La Voz de Galicia
e na BVG sobre O Xabaril branco

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tucho Calvo, Gadis, Miguelanxo Prado, Tradución...

Claves

Lugares