"La Voz de Galicia" edita O xabaril branco, unha novela en formato PDF para baixar ó ordenador

Un xabaril en bits

| | Seccións: Literatura
Compartir:

A última novela de Tucho Calvo, O xabaril branco, que "La Voz" xa ofrecera por entregas durante o mes de agosto, pode baixarse a partir de hoxe desde a páxina web do xornal.

A novela

O xabaril branco consta de 31 capítulos que narran a historia dun rapaz dos Ancares que se embarca cara a sudamérica finais do século pasado. No Novo Mundo irá cara a sur, onde vivirá os enfrontamentos cos indios aracuanos. Alí traba amizade cunha feiticeira indíxena e vive diferentes aventuras.


Edición


A obra, que proximamente publicará en formato libro a editorial Ir Indo, conta con ilustracións a toda cor do debuxante Miguelanxo Prado. A edición dixital, en formato PDF, permite ó lector ter na súa pantalla unha obra paxinada, cun tipo de letra fixo e coas ilustracións integradas no texto. Para poder acceder á obra, cómpre ter instalado no computador o programa Adobe Acrobat Reader, dispoñible desde a propia web do xornal.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Tucho Calvo, Miguelanxo Prado, Sudamérica...

Claves

Entidades