Prado e Rivas volven traballar xuntos polo Nadal cunha edición ilustrada d’A lingua das bolboretas

Lingua e ollo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Dous dos creadores de máis éxito do panorama editorial volven xuntarse por Nadal. Manuel Rivas e Miguelanxo Prado unen a súa creatividade dous anos despois daquel volume “Contos de Nadal” (Eds. Xerais, 2003). Neste caso o asunto é algo distinto xa que Prado pasou a ilustrar un libro xa escrito e coñecido de Rivas “A lingua das bolboretas” engadíndolle dezasete ilustracións orixinais. O libro, publicado por iniciativa da Asociación á Iniciativa Aian, formada por doce empresarios de Vigo, presentouse onte no Consorcio da Zona Franca ante máis de mil persoas. O libro, cunha tirada de catro mil exemplares, será un agasallo dos empresarios aos seus clientes e tamén se porá á venda outra tirada de tres mil exemplares nas librarías.

Máis información en La Voz de Galicia
ficha en Lg3 de Contos de Nadal

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Contos, Manuel Rivas, Miguelanxo Prado...

Claves

Conceptos
Lugares