Varias empresas repartirán libros de xeito gratuíto para celebrar o Día das Letras Galegas

Libros de balde polas letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“La Voz de Galicia” entregará trescentos mil libros da Biblioteca Galega 120, editada polo propio xornal, a escolas de todo o país para conmemorar a celebración do Día das Letras. Dun xeito semellante, a empresa de transporte urbano de Santiago, Trapsa, repartirá entre os seus usuarios 8.000 exemplares dun libro sobre a viaxe por Galicia do inglés George Borrow durante o século XIX. Pola súa banda, o grupo de alimentación Gadisa promove unha iniciativa do mesmo tipo e distribuirá de balde nos seus supermercados trece mil exemplares do libro “As travesuras de Antón” do ferrolán José Díaz Dopico.

Máis información en La Voz de Galicia sobre a doazón para os colexios ; sobre o reparto nos buses

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Día das Letras Galegas, George Borrow, Escolas

Claves

Protagonistas
Entidades