Tres ex-Mistakens preséntanse como Combo Dinamo cun novo disco baixo o brazo

Combo Dinamo

12/6/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Tras máis de 10 anos actuando como MISTAKENS, Pablo Fidalgo, Pablo Silva e Dani Bembibre decidiron iniciar un novo proxecto co nome Combo Dinamo. "Decencia y buen gusto"(Dojo Records) é o título do seu primeiro disco, gravado nos estudios Bonham da Coruña e que enchen con 13 cancións en castelán. Esta fin de semana presentarán en concerto estes novos temas en dous concertos na Sala Mardi Gras da Coruña, mentres que o disco sairá á venda no mes de xullo, aínda que xa está clasificado nº1 no Top de Redacción da publicación musical especializada Mondo Sonoro, na súa edición Galicia e Castela-León deste mes. A través do seu MySpace a banda sortea entre os seus seguidores dúas invitacións para asistir a estes concertos na Coruña.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Pablo Fidalgo, León, Castela

Claves

Protagonistas