Cunha densa axenda por diante a banda Combo Dinamo presentará esta fin de semana o seu segundo disco Quieto, muere, resucita!!!, tÃtulo inspirado nunha pelÃcula rusa homónima de 1989. Hoxe venres haberá unha presentación ás 19:30 horas na tenda Meriendacena (San Andrés ,84); o sábado será o escenario da FNAC o que acolla un concerto de inicio da xira nun formato acorde ao sitio e xa o domingo dÃa 3, no marco da feira cultura Achegarte (Palexco) ás 17:30 horas farán un concerto de presentación do disco. Todo con entrada libre. Quieto, muere, resucita!!! inclúe once composicións propias da banda e unha versión de Brian Eno adaptada ao castelán que pecha o álbum. Foi gravado nos estudios Abrigueiro de Friol, contando coa produción de Arturo Vaquero e Combo dinamo. Ademais de en formato dixital en CD o disco sairá máis adiante nunha edición en vinilo branco, edición numerada e limitada, co CD de agasallo. A xira comezará a mediados de maio e ata entón a banda centrarase na promoción do disco e na gravación do videoclip do tema que dá nome ao disco baixo a dirección de Héctor Diéguez.