A obra A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos sumou ao seu palmarés, no que figuran o premio Modesto R. Figueiredo e o Merlín do 2004 por O brindo de Ouro, o premio de narrativa Terra de Melide deste ano. O libro presenta tres historias dunha familia emigrante e o seu periplo en Bos Aires, Miami e Madrid. Por outra parte a terceira edición do premio de literatura infantil Frei Martín Sarmiento a obra xa publicada fallouse tendo como gañadores a Agustín Fernández Paz por Os corredores de sombras(Xerais) na categoría de terceiro de ESO a primeiro de bacharelato; Breogán Riveiro por Tonecho de Rebordechao (Galaxia) no grupo de sexto de primaria a segundo de ESO; Eva Peydro por As vacacións de Saida (Galaxia) no apartado entre terceiro e quinto de primaria; o binomio Pinto & Chinto convenceu aos máis pequenos, que elixiron O pequeno da familia fantasma (Sotelo Blanco) como o mellor libro na catogoría de primeiro e segundo de primaria.
Máis información sobre o Premio Terra de Melide en Galicia Hoxe
e sobre o Frei Martín Sarmiento en La Voz de Galicia