Máis cinco milleiros de estudantes de primaria e secundaria elixen os seus libros preferidos

A intriga conquista os institutos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A novela policíaca “Ollos de auga” (Galaxia, 2007) de Domingo Villar ven de gañar o Premio Frei Martín Sarmiento outorgado polos alumnos de 3º de ESO e Bacharelato de 32 colexios relixiosos da comunidade. “Zoa e azor” (Tambre) de An Alfaya resultou a obra elixida na categoría de alomnos entre 6º de primaria e 2º de ESO; o libro “Dez piratas” (Obradoiro) de Gloria sánchez foi o máis valorado na categoría de 3º a 5º de primaria; os máis cativos elixiron “Poemas para pintar” (Sotelo Blanco) de Concha Blanco como o seu libro preferido. Os premios entregaranse o vindeiro mércores, 30 de abril, nun acto no recinto feiral de FEXDEGA en Vilagarcía de Arousa ante a presenza de máis de dous milleiros de escolares. “Ollos de auga” xa vai pola súa quinta edición en galego e está tamén publicada en castelán, alemán, italiano, búlgaro, ruso e inglés. O libro xa recibiu anteriormente os premios Brigada 21 e Premio Sintagma.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ESO, Secundaria, Concha Blanco, An Alfaya...