Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Entre Trastes fai un percorrido pola música celta para instrumentos de corda no seu primeiro disco

PRIMEIRO ENTRE TRASTES

Entre Trastes fai un percorrido pola música celta para instrumentos de corda no seu primeiro disco

FOLK | maio 15, 2007

not_9950.jpg

A discográfica ourensá Zouma Records ven de sacar á venda o disco “Entre Trastes”, primeiro da formación do mesmo nome. Álvaro Iglesias ao contrabaixo, Daniel Vilar á guitarra e Xosé Liz ao bouzuki conforman este trío de virtuosos das cordas. Todos eles teñen xa unha ampla experiencia na música tradicional e actuaron xunto a artistas como Carlos Núñez, Pancho Álvarez ou Rodrigo Romaní entre outros. Álvaro Iglesias e Xosé Liz tamén forman parte do grupo Aran. Nos rece temas deste primeiro disco presentan un percorrido polas posibilidades que a música celta presenta para os instrumentos de corda.

datos do disco