Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A feira Cultur.gal acolle hoxe a presentación do novo disco do grupo Malvela
A feira Cultur.gal acolle hoxe a presentación do novo disco do grupo Malvela
maio 11, 2007
Con mais de 10.000 discos vendidos entre os dous primeiros albumes o grupo de cantareiras tradicionais Malvela presenta agora o seu terceiro traballo “da miña xanela á túa” (PAI Música). A feira Cultur.gal acolle esta presentación hoxe ás 20 horas no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. O disco foi gravado de novo nos estudios Casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío e Uxía Senlle, madriña do grupo desde que esta formación xurdiu dun curso de canto popular dirixido pola cantante. "da miña xanela á túa" consta dun CD de 15 cancións e dun DVD con dous vídeo clips, un documental, e un "como se fixo".
Tamén che pode interesar:
- 27/ 4/ 2017 | As Maimiñas festexan a súa Volta, revolta e reviravolta
- 5/ 1/ 2015 | Morre aos 89 anos a Señora Carmen, cantareira de Malvela
- 26/ 6/ 2014 | Ulträqäns contraatacan co seu segundo disco
- 10/ 2/ 2014 | Terbutalina vai A muerte no seu sexto disco
- 20/ 3/ 2013 | NAO inicia a xira de Cancións de amor e liberdade