Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O quinteto de Xacobe Martínez Antelo presenta o seu primeiro disco

JAZZ é ISTO

O quinteto de Xacobe Martínez Antelo presenta o seu primeiro disco

JAZZ/BLUES | decembro 27, 2006

not_9131.jpg

O contrabaixista Xacobe Martínez, un dos membros do trío Sumrrá, presenta estes días na Sala Nasa de Santiago o seu novo traballo “Isto é Jazz!!!” (Free Code Jazz Records). No disco Martínez actúa como líder do quinteto co seu nome á fronte, e achega nove cortes da súa propia composición nos que rende unha homenaxe ao trío de Thelonius Monk , Charles Migus e John Coltrane. Con Xacobe Martínez están no quinteto Pablo Castaño, saxo alto; Toño Otero, saxo tenor; Marcelino Galán, guitarra e Max Gómez na batería. Martínez manterá o quinteto en paralelo á súa actividade con Sumrrá cos que xa ten dous discos.

Máis información no web de Xacobe Martínez

datos do disco