Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Co seu novo traballo discográfico autoeditado Berrogüetto celebra o décimo aniversario da banda
Co seu novo traballo discográfico autoeditado Berrogüetto celebra o décimo aniversario da banda
maio 26, 2006
Cinco anos despois do celebrado disco Hepta (Boa, 2001) o grupo de folk Berrogüetto volve a sacar un traballo discográfico co que ademais celebra o seu décimo aniversario como formación en activo. con “Berrogüetto 10.0” a banda iníciase na autoedición discográfica dando un novo paso na súa carreira. O disco non contén temas tradicionais e os once temas son de composición propia dos membros do grupo buscando con este traballo a esencia da súa identidade musical. Acompañan ao disco fotografías de Karlos Abal e un texto de Rodrigo Romaní. A xira galega de presentación comezará en Vigo o 2 de xuño e levaraos nese mes por toda a xeografía do país.
Máis información en Galicia Hoxe
Tamén che pode interesar:
- 21/ 12/ 2015 | Chegan Os Modernos con Dissimulem
- 10/ 1/ 2008 | Guadi Galego deixa Berrogüetto e entra Xabier Díaz a substituíla
- 20/ 12/ 2004 | Berrogüetto presenta en Compostela o seu vindeiro traballo, “DeSolaSons”
- 9/ 12/ 2003 | Sons Galiza cumpre quince anos mentres Xistra de Coruxo publica o seu terceiro disco
- 21/ 5/ 2001 | As pandeireteiras Anubía presentan o seu primeiro disco "Segredo a voces"