Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A revista Cartafolk dedica un número aos fineses Värttinä e prepara outro sobre Berrogüetto

CARTAFOLK ABERTO

A revista Cartafolk dedica un número aos fineses Värttinä e prepara outro sobre Berrogüetto

FOLK | abril 28, 2006

not_7922.jpg

A revista dirixida polo xornalista Óscar Losada xa ten na rúa o seu cuarto número no que fai un informe monográfico do grupo finés Värttinä. Asinado por Nuria Rodríguez, este número do Cartafolk fai un percorrido pola historia de Várttinä, considerando “o máximo expoñente da música folk finesa” a esta formación e achegándose aos seus compoñentes actuais e antigos e as súas cancións. O director de Cartafolk anuncia tamén a saída inminente do seguinte número dedicado a Berrogüetto coincidindo co lanzamento do cuarto disco da banda galega. Sobre a viabilidade da publicación Losada asegura que Cartafolk “mantense economicamente ben por si soa sen dar perdas”.