Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Eloi Caldeiro promove a revista de información cultural Naz-on

REVISTA PARA IMPULSAR A CULTURA

Eloi Caldeiro promove a revista de información cultural Naz-on

MISCELáNEA | marzo 10, 2006

imaxe non dispoñible

O músico e empresario Eloi Caldeiro presentou hoxe o primeiro número da revista bimestral Naz-on. O compoñente de Brath e director da discográfica Sons Galiza dirixe esta iniciativa que ten como obxectivo cubrir todos os eventos culturais que está a ter lugar e toda a produción cultural do país. Segundo Caldeiro a revista, que xa está en quioscos e librarías, “nace para quedarse” e confirma a súa saída por un período inicial dun ano. Caldeiro apuntou a gran necesidade que ten a cultura galega de verse recollida nos medios de comunicación xa que “sen repercusión da actividade cultural é imposible manter un mínimo de profesionalidade”.

Máis información en Naz-on