Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A discográfica Ouvirmos recupera gravacións do principal gaiteiro da emigración galega
A discográfica Ouvirmos recupera gravacións do principal gaiteiro da emigración galega
xuño 6, 2005
Un dos gaiteiros máis destacados da historia da música galega, Manuel Dopazo, desenvolveu toda a súa carreira na emigración a partir dos anos da posguerra. Agora, unha selección de dezaoito temas recuperados de antigos discos comerciais, está a disposición do público grazas á colaboración entre a discográfica Ouvirmos, especializada na recuperación de gravacións antigas, e do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. O pasado venres a sede desta institución en Compostela acollía a presentación do CD que permitirá coñecer no noso país a obra deste intérprete.
Máis información en El Correo Gallego e en La voz de Galicia e no web do Consello da Cultura
Tamén che pode interesar:
- 29/ 10/ 2015 | aCentral Folque recupera o legado de Xoán Tilve
- 25/ 9/ 2013 | Ouvirmos recupera a primeira gravación dunha banda de música galega
- 8/ 10/ 2012 | O gaiteiro Óscar Ibáñez debuta en solitario
- 19/ 5/ 2009 | Acordeóns da emigración
- 7/ 11/ 2008 | Ouvirmos convoca un casting virtual para seleccionar artistas xuvenís