Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Estrean en Ponteareas 'Danzas gulanesas' de Rogelio Groba

A ORQUESTRA DE CáMARA GALEGA DIRIXIDA POLO FILLO DO MESTRE INTERPRETARá HOXE A PEZA NO FESTIVAL GROBA

Estrean en Ponteareas 'Danzas gulanesas' de Rogelio Groba

CLáSICA/LíRICA | agosto 22, 2024

imaxe non dispoñible

A suite para cordas 'Danzas gulanesas', composta en 1996 polo mestre Rogelio Groba (1930, 2022) estrearase hoxe no marco do XII Festival Groba, no Auditorio municipal de Ponteareas. Co fillo do compositor, Rogelio Groba Otero, como director a Orquestra de Cámara Galega será a encargada de presentar ao público estea noite ás 21 horas esta obra do desaparecido mestre, do que tamén se interpretará a peza "Polas rúas de Ponteareas". A obra de estrea, 'Danzas gulanesas', é unha suite para cordas inspirada nas tradicións populares do Rancho de reis, no que agrupacións de músicos e danzantes percorrían as parroquias pedindo o aguinaldo nas festas de reis e leva o nome de Guláns, unha desas parroquias de Ponteareas, de onde era o mestre Groba.

Ligazóns