Lugo volta ao Jazz na XXXI edición do seu festival
novembro 3, 2021
Os estadounidenses Kenny Garrett e o Julian Lage Trio encabezan o cartel do Festival de Jazz de Lugo, que celebra este mes de novembro a súa trixésimo primeira edición. Entre os días 5 e 21 de novembro, a Cidade da Muralla acollerá ao amparo deste programa un total de vinte e cinco concertos, con nomes como Dave Weckl & Tom Kennedy Project, Black Art Jazz Collective, Ghost-Note, Huntertones, os británicos Ray Gelato & The Giants, ou o galego Abe Rábade co seu trío. Canda a el, Xacobe Martínez Antelo Quinteto, Aló Django Quartet, d’A Trío, Viruxe e Alfonso Calvo Septeto completan a presenza galega nesta xeira.
A Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz organiza o encontro que concentra as súas actuacións no Círculo das Artes e no Club Clavicémbalo. O cartel conta ademais con Perico Sambeat Plays Zappa, Sheila Blanco & Federico Lechner, David Pastor Quartet, Alba Careta Group, Gonzalo del Val Trio & Benet Palet, The Machetazo, Narci Rodriguez, Luismo Valladares Quartet, Magalí Sare, Abya Yala e Los Fumeros. A Casa do Saber acollerá o concerto do pianista Ignasi Terraza en diálogo co contrabaixo de Horacio Fumero.
Tamén che pode interesar:
- 8/ 11/ 2013 | Lugo acolle desde hoxe o seu XXIII Festival de Jazz
- 7/ 11/ 2012 | Lugo presenta o seu XXII Festival de Jazz
- 31/ 10/ 2012 | Ribadeo acolle o seu primeiro festival de jazz
- 13/ 6/ 2012 | O Imaxina Sons volta a Vigo
- 9/ 1/ 2009 | O festival de Jazz de Coruña celebra unha nova edición mesturando estilos e xéneros