Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Vinte e seis agrupacións musicais actuarán en 55 concellos de Pontevedra grazas ao programa Musigal
Vinte e seis agrupacións musicais actuarán en 55 concellos de Pontevedra grazas ao programa Musigal
marzo 15, 2021
Ata 55 concellos pontevedreses de menos 50.000 habitantes chegará este ano a música de 26 agrupacións musicais galegas de diferentes estilos a través do programa Musigal, impulsado pola Deputación provincial para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego. Andrea Pousa será a encargada de abrir a programación deste ano cun concerto que terá lugar o 9 de abril en Tui, mentres que a última cita será o 18 de decembro na Illa de Arousa, con Leilía.
Tras un proceso previo de presentación de ofertas artísticas e de solicitudes por aprte dos concellos a xunta de goberno do ente provincial aprobou a relación de actuacións que se levarán a cabo nos municipios favorecendo a contratación de música galega e a programación artística nos concellos, que unicamente se teñen que facer cargo dos gastos de produción da actuación (como poden ser os equipos de son e luz ou o escenario), posto que o ente provincial abona na súa totalidade o caché do espectáculo dos grupos. Os grupos máis solicitados foron Guadi Galego, Baiuca, Odaiko, Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, Budiño, Tanxuqueiras e Milladoiro, con 4 concertos cada un. As actuacións serán de entrada de balde. A maioría das actuacións terán lugar nos meses de xullo e agosto, con 22 e 18 concertos. No marco de Musigal haberá tamén dúas actuacións en maio, cinco en xuño e catro en setembro. Os meses de outubro e novembro contarán cun evento cada un.