Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Tres Pesos voltan con Cando os animais cantaban

O TRíO DE MúSICA TRADICIONAL APOSTA POR PEZAS PARA O BAILE NO SEU SEGUNDO TRABALLO

Tres Pesos voltan con Cando os animais cantaban

FOLK | decembro 14, 2020

trespesos_cando_animais_cantaban.jpg

Logo de tres anos de preparación, o trío Tres pesos presenta o seu segundo traballo discográfico. Felisa Segade, José Antonio Ferreira (Pepe de Calo) e Estevo Lamas autoeditan Cando os animais cantaban, unha colección de 11+1 temas orientados ao baile desde a ollada tradicional. Unha potente base rítmica que inclúe pandeiros, pandeiras, bombos, pandeiretas ou culleres acompaña as melodías de acordeón, clarinete e gaita nun proxecto que chama a recuperar o canto popular nas festas.

datos do disco