Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O TradFest mantén o seu sitio nas festas do Apóstolo e multiplica os seus espazos

A SEGUNDA EDICIóN DESTE FORMATO QUE PRESENTA AS DIFERENTES EXPRESIóNS DO FOLK CELEBRARASE O VINDEIRO 26 DE XULLO

O TradFest mantén o seu sitio nas festas do Apóstolo e multiplica os seus espazos

FOLK | xullo 20, 2020

imaxe non dispoñible

O pasado ano nacía o TradFest en Santiago, unha cita co folk en todas as súas expresións que entraba dentro do marco das festas do Apóstolo da capital galega con ánimo de continuidade, e dese xeito está tamén presente este ano cun día enteiro de programación o vindeiro 26 de xullo. Neste 2020 é unha edición adaptada á situación sanitaria sen renunciar a facer a festa incluíndo de novo música, canto, baile, cursos, feira, etc. Un escaparate das tradicións renovadas que nesta ocasión comprenderá dous enclaves da cidade: a Praza da Quintana cos concertos de encerramento e o Parque de Bonaval, onde se estenderá por tres espazos do parque a propia igrexa de San Domingos separando as actividades por formatos en cada un dos lugares. A nivel musical pasarán por Bonaval Barahunda, Zeltia Irevire, é Romance, Laura Lamontagne, Candorka, Porcoteixos e Anxo Lorenzo entre outros. O grupos de bailes serán Bouba, Altalaplana, Os Monifates e Cobos & Prieto darán cursos durante a xornada. Tamén haberá unha mostra de instrumentos e un mercado de libros e discos en Bonaval. As rúas da cidade estará durante o TrdFest animadas por catro ruadas e na Praza da Quintana estará a Banda Municipal de Música cun repertorio de título “De Tradición con Suso Vaamonde” e pecharán alí a xornada de TradFest ás 22:00 horas Tanxugueiras. O TradFest está promovido polo xornal La Voz de Galicia e producido desde Nordesía e aCentral Folque .