Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pálida lanza un novo disco de 45 minutos con dous temas

EN 'EFFECTS OF SUNLIGHT' O ARTISTA DE MúSICA ELECTRóNICA RECUPERA DúAS GRAVACIóNS DO ANO 2017

Pálida lanza un novo disco de 45 minutos con dous temas

ELECTRóNICA | xullo 13, 2020

palida_effects.jpg

Malia ter só dous temas o novo lanzamento de Pálida, Effects Of Sunlight (La Melona, 2020) non pode considerarse un EP, xa que entre ambos cortes, Reflection e Refraction, chegamos case aos 45 minutos de música. O artista José Garnelo "Nelo", recoñece que o disco non que “a día de hoxe” non se ve representado de todo xa que os temas foron composto a medidados de 2017 e foron atrasando o seu lanzamento por diversas causasm o que colocaría realmente este traballo entre os seus discos The Clutch (2016, La Melona) e Shönen Kingdom (2018, La Melona). Do seu novo disco Garnelo opina que é un traballo "interesante" que cre que merece a pena malia que el é moi crítico co seu propio traballo e considérao sen tapuxos "xuvenil, pouco intelixente e demasiado obvio", pero para el sacalo da gaveta e publicalo fai que quede libre o camiño "para o que estou a preparar a continuación", comenta nas súas redes sociais. Xavier Núñez realizou o masteringe Marcos Clavero é o autor das imaxes que acompañan o disco. O traballo xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais. Os máis de 19 minutos de Reflection e os case 25 de Refraction manteñen eses elementos mesmerizantes do Trance que xa víamos no seu traballo de 2016, con pasaxes moi bailables e outros máis introspectivos outorgándolle, grazas a esa longa duración dos temas unhas características moi experenciais á escoita.

datos do disco