Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As pitas baixo a choiva vólvese virtual para achegar as crianzas a Carballo Calero

EDICIóNS EMBORA E AS EQUIPAS DE NORMALIZACIóN DE FERROLTERRA POñEN NA REDE OS CONTIDOS DESTE PROXECTO

As pitas baixo a choiva vólvese virtual para achegar as crianzas a Carballo Calero

INFANTIL | maio 13, 2020

imaxe non dispoñible

Un libro ilustrado, varias cancións e un espectáculo de Teatro dos Ghazafelhos. As pitas baixo a choiva era a proposta de Edicións Embora e mais da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra para conmemorar ao longo desta primavera a Ricardo Carballo Calero, autor desta peza. Ante as dificultades derivadas da actual crise sanitaria para dar a coñecer o proxecto de xeito presencial logo da estrea do 23 de febreiro, as dúas entidades acordaron publicalo de xeito íntegro na rede.

O web Aspitas.gal recolle o conto íntegro ademais das catro cancións compostas para o proxecto e dúas unidades didácticas sobre o proxecto, orientado a públio familiar. Segundo explican as entidades responsables, "cremos que as mestras e mestres, o alumnado, as familias, asociacións, a sociedade, deben poder aceder a todo o traballo feito. De acordo con Edicións Embora decidimos compartir, de balde a través desta plataforma, o material audiovisual para que, se considerades, tiredes proveito á hora de realizar algunha que outra actividade sobre Ricardo Carvalho Calero". We are very grateful to the Youtube Converter service, which supported us in a difficult moment of our existence (coronavirus) and helped us financially.