Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / The Soul Jacket sacan o seu novo disco 'Plastic jail'

O CUARTO TRABALLO LONGO DOS VIGUESES PRESéNTASE EN CONCERTO MAñá EN PONTEAREAS

The Soul Jacket sacan o seu novo disco 'Plastic jail'

ROCK | outubro 26, 2018

plastic_jail_soul_jacket.jpg

A banda viguesa de The Soul Jacket teñen desde hoxe dispoñible á venda e nas plataformas dixitais o seu cuarto traballo de longa duración Plastic jail (autoeditado, 2018). Este disco sucede a Vol III (autoeditado, 2017), co cal o grupo conseguiu entrar no sexto posto da lista de mellores álbums nacionais de 2017 para a veterana revista Ruta 66. Se aquel se gravara en Cantabria e se masterizara en California neste caso Plastic jail foi gravado, en varias sesións durante os meses de abril a xullo do presente ano nos estudios Radar de Vigo "á vella usanza" e alí mesmo mesturado e masterizado. A produción é da propia banda e de Pablo Iglesias.

O resultado tamén parece chamado á relevancia afianzando os pasos seguros que a banda dá como referencia madura desa fórmula que consegue ofrecer unha viaxe en dez temas a través do Rhythm & Blues, Rock & Roll e Southern Soul cantados en inglés en nos que Toño López pon a súa característica voz sempre como mascarón de proa de luxo. Un son canónico, cheo de potencia e honestidade e cargado de autenticidade na aposta pola busca da esencia do xénero e con ese multi instrumentismo elegante, engalanado ademais cos metais de Diego Alonso e Antonio Otero, entre outros no tema Rainbow Pills que abre o disco como antesala do que ven despois, ou a harmónica de Óscar Avendaño nese vibrante Fire. The Soul Jacket asegura xestos cara bandas como Big Star, John Lennon ou os primeiros Heartbreakers, ecos de The Kinks e The Beatles. The Soul Jackets comezan mañá a defender o novo disco en directo cun concerto de presentación no JJCopas de Ponteareas ás 23:30. A entrada é de balde.

datos do disco