Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Resurrection Fest coloca 9.000 abonos para 2019 nunha hora e media

O FESTIVAL FACTURA CASE UN MILLóN DE EUROS SEN DESVELAR O 95 POR CENTO DO CARTEL

Resurrection Fest coloca 9.000 abonos para 2019 nunha hora e media

ROCK | setembro 18, 2018

imaxe non dispoñible

A capacidade de convocatoria do Resurrection Fest de Viveiro, a cita co rock duro máis multitudinaria do país, segue a sorprendernos ano tras ano. Onte ás 11 da mañá puxéronse á venda os primeiros abonos para a 14ª edición que se celebrará entre o 3 e o 6 de xullo do 2019 e milleiros de persoas lanzáronse xa facerse con elas aos prezos promocionais de saída. En apenas unha hora e media vendéronse máis de 9.000 abonos, 4.500 deles a un prezo inicial de 95 euros e outros tantos a 105 euros. En total case un millón de euros facturados pola organización no que é un importante apoio de confianza á marca Resurrection Fest, toda vez que do cartel artístico apenas se coñecen a día de hoxe cinco nomes do cento que cada ano ofrece o festival lugués. Ante este éxito, un fito na historia do evento, a organización decidiu manter a terceira e actual oferta de abonos, inicialmente 3.000 a prezo de 105 euros, ata o seguinte anuncio de bandas.

Ligazóns