Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Charo Pita convídanos a pasear No país do vento

A CANTANTE ACHEGA TRECE CANCIóNS NO SEU PRIMEIRO áLBUM EN SOLITARIO

Charo Pita convídanos a pasear No país do vento

INFANTIL | xullo 16, 2018

No-pais-do-vento_charo_pita_capa.jpg

Logo de se estrear con Xoán Curial en Estamos no verán!!, Charo Pita inicia a súa carreira en solitario no campo da música para as crianzas. No país do vento, publicado por Galaxia na editorial Sonárbore achega unha serie de personaxes e de obxectos con cadansúa historia. A científica incorrixible, O pato Simón, As campás ou A familia papaventos danse cita nun libro-CD que conta con ilustracións de Óscar Villán. O proxecto, cun total de trece temas, conta ademais con material extra dispoñible no web de Galaxia.

datos do disco