A quinta edición de +QueJazz da Coruña ofrece 14 actuacións
xuño 27, 2018
O quinto festival +QueJazz da Coruña terá lugar do 4 ao 27 de xullo en dous dos lugares emblemáticos do jazz desta cidade, o Garufa Club e no Jazz Filloa. Esta edición do evento ofrecerá 14 concertos de jazz, swing e R&B. +QueJazz arrancará o 4 de xullo no Garufa co Andrea Alvergue Trío e concluirá o 27 dese mesmo mes coa Garufa Blue Devils Big Band. Entre as 14 actuacións que compoñen o cartel desta quinta edición, destacan así mesmo dúas das voces femininas máis interesantes do panorama actual: o 13 de xullo Trudy Lynn, unha das grandes divas do blues, actuará por primeira vez na Coruña no Garufa Club, que acollerá a La Negra o 21 de xullo. Pola súa banda, o Jazz Filloa ofrecerá os directos do Alejandro Vargas Trío ou do Roberto Somoza Quartet, entre outros. As entradas para os concertos nesta sala poderán adquirirse de xeito anticipado mediante reserva por correo electrónico, mentres que para os do Garufa estarán dispoñibles a través da plataforma Notikumi.