Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pirilampo dálle voz aos animais no seu novo traballo

SERPE DE CRISTAL ACHEGA AS VOCES DA NATUREZA AO PúBLICO MáIS NOVO

Pirilampo dálle voz aos animais no seu novo traballo

INFANTIL | xuño 12, 2018

serpe-cristal_pirilampo.jpg

A procurar tirarlle a mala sona a animais como a píntega ou a serpe chega o novo traballo de Pirilampo. O grupo capitaneado por Xosé Lois Seixo está en xira de presentación de Serpe de cristal, un libro-CD publicado por Galaxia na colección Sonárbore. O golfiño, a abella, a serpe sapeira, a píntega, o tritón, o reiseñor, a bubela ou os peixes collen a palabre en once novos temas orixinais que se presentan con ilustracións de Federico Fernández. Colaboracións de Xurxo Souto, Andrea Seijo e Antía enriquecen este traballo que integra frautas, gaitas, acordeón, guitarras ou percusión.

datos do disco