Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O compás de Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre sinala o futuro do norte

HOXE SAE á VENDA 'NORó (ALGUNHAS MúSICAS DO NORTE)' O SEGUNDO DISCO DA FORMACIóN

O compás de Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre sinala o futuro do norte

FOLK | febreiro 6, 2018

noro_xabierdiaz&adufeirassalitre.jpg

O novo álbum de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre leva por nome Noró (algunhas músicas do Norte) (Músicas de Salitre, 2018) e chega hoxe a todas as tendas e plataformas marcando coa súa saída unha das datas relevantes do ano no que á musica galega se refire. Noró ofrécenos 13 temas de carácter tradicional pero de composición propia que sitúan o combo formado por Díaz e as Adufeiras de novo na punta da contemporaneidade con raíz.

Case tres anos despois do exitoso The Tambourine Man (Músicas do Salitre, 2015) e con innumerables actuacións ás costas Díaz e as Adufeiras volven cheos de enerxía e cun evidente e coidadoso traballo de composición e produción musical con este disco que abre o tema Baile de Noró que tamén se presenta en vídeo como tema de saída. En Noró distribúese o protagonismo máis entre Díaz e o coro das Adufeiras que no anterior álbum e de novo conseguen sacar dos ritmos tradicionais e dos instrumentos clásicos do folk sons que reflicten o sentimento e a actitude máis actuais. Ademais dese tema de saída que fai homenaxe clara ao goce da música e a identidade cultural a través do baile, o disco ábrese a seguir con dous cancións de enorme potencia e sentimento chamadas a ser emblemáticas nas postas en escena do disco: Unha fala e un cantar e Voa o aire. Díaz presenta tamén dous temas cantados en castelán, La niña de la arena e No pido licencia a nadie na que fai ligar a nosa tradición coas de outras culturas do sur e de latino América. Por todas estas achegas que fai Noró o disco está chamada a ser un dos grandes éxitos da música galega neste 2018. O álbum gravouse nos estudios A Ponte de Santiago. A xira ábrese o vindeiro 24 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo desa cidade, pasando posteriormente ao día seguinte por Santiago na Sala Capitol e xa en marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. O grupo ten tamén confirmadas actuacións en outros lugares de España e xira por Alemaña e Bélxica.

datos do disco