Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / MJ Pérez presenta Casandra, o seu primeiro álbum de estudio

A CANTAUTORA COMEZOU EN ARZúA A XIRA DE PRESENTACIóN

MJ Pérez presenta Casandra, o seu primeiro álbum de estudio

CANTAUTOR | outubro 3, 2017

casandra_mjperez.jpg

Logo de dous álbums ao vivo, a cantautora arzuá MJ Pérez debuta no estudio con Casandra. O novo traballo supón un xiro na carreira da cantora, cunha maior variedade de ritmos e estilos nos temas, con toques latinos como os que achega Ai de min, o tema de presentación. O álbum gravouse no estudio dos Locais de Ensaio do Concello de Arzúa, e conta coa xa habitual banda da artista, Diego Fiuza á guitarra, Inés Mirás ao baixo e Alberto Rama á batería, que arroupan con ritmos vivos letras comprometidas e de alta carga poética. Canda a eles, danse cita nas pistas colaboradores como Richi Casás nos ventos, Martiño Cabarcos na zanfona, Paco Cerdeira no Bouzouki ou Ailén Kendelman nas percusións, a achegar unha ampla variedade de sons ao proxecto. Logo do concerto de presentación, que se celebrou a pasada fin de semana en Arzúa, a xira continúa pola Coruña (7 de outubro), Ferrol (13 de outubro), Melide (20 de outubro), Gondomar (27 de outubro), e Compostela (9 de novembro).



datos do disco