Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival El Loro Facu presenta o cartel completo da súa nova edición en xullo

O PORTO DE MIñO ACOLLERá A ACTUACIóN DE CATORCE BANDAS ENCABEZADAS POR SINIESTRO TOTAL

O festival El Loro Facu presenta o cartel completo da súa nova edición en xullo

INDIE | marzo 28, 2017

imaxe non dispoñible

O Festival El Loro Facu da localidade coruñesa de Miño ven de presentar xa o seu cartel completo para a edición deste ano. Os días 28 e 29 de xullo catorce bandas, a maioría delas galegas, encherán de música independente e ritmos variados este festival que celebra a súa segunda edición no Porto de Miño. O cartel está encabezado polos veteranos Siniestro Total pero tamén están o rapeiro sevillano ToteKing , Guerrera, Igloo, Terbutalina, Familia Caamagno, Ataque Escampe, The Parrots, Thee Blind Crows, Ricky Hombre Libre, White Bats, os locais The Artificieiros, os asturianos The Attack of the brain eaters e Superoito. Os abonos a prezo superreducido xa se esgotaron e agora están a venda as entradas anticipadas por 25 euros o abono dos dous días.