Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O V Festival de Jazz&Blues de Ribadeo presenta o cartel

O EVENTO PASOUSE A DECEMBRO E AíNDA BUSCA AXUDAS DE FINANCIAMENTO POPULARES

O V Festival de Jazz&Blues de Ribadeo presenta o cartel

JAZZ/BLUES | novembro 16, 2016

not_26850.jpg

O Festival de Jazz & Blues de Ribadeo chega este ano á súa quinta edición que terá lugar entre o 2 e o 10 de decembro. O evento volve así ás datas outonais nas que naceu deixando atrás as edicións nas que se celebrou en período estival e agardando que a oferta musical coa que competir sexa menor que no verán. Alejandro Vargas Trío, banda gañadora do II certame Galicia creativa no xénero de jazz, abrirá o festival polo que tamén pasarán Julián Maeso, Michael Oliveira Group e Shirley Davis & The Silverbacks entre outros. O Auditorio Municipal Hernán Naval acollerá un total de cinco concertos e sete bandas de jazz e blues. Dous dos concertos terán entrada de balde. O prezo das entradas para os outros concertos está entre os 10 euros das entradas soltas e o abono de 25 euros. O V Festival de Jazz & Blues semella polo tanto ter conseguido os apoios económicos necesarios e para os que iniciou unha campaña de corwfunding popular ante o descenso de subvencións públicas e de esponsorizacións privadas dos últimos anos. Os organizadores malia todo manteñen aínda aberta esa campaña xa que os seus obxectivos quedaron lonxe de acadarse e quedan a expensas da venda de entradas.