Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Familia Caamagno competirá no festival SUNS Europe de linguas minoritarias

NOVEDADES CARMINHA RECIBE O PREMIO POP EYE POLO SEU áLBUM CAMPEONES DO MUNDO

Familia Caamagno competirá no festival SUNS Europe de linguas minoritarias

ROCK | novembro 9, 2016

imaxe non dispoñible

A banda Familia Caamagno coa canción Lausanne (on my mind) tomará parte na final competitiva do festival SUNS Europe 2016 o vindeiro tres de decembro en Udine (Italia). Outras nove propostas musicais competiran cos músicos galegos neste festival dedicado á música en linguas minoritarias de Europa. O festival é un punto de encontro e intercambio entre artistas, linguaxes e comunidades usando cadansúa lingua en creacións musicais, audiovisuais ou literatura. Lausanne (on my mind), canción extraída do seu Mini LP Para unha vez que saímos (Lixo Urbano, 2016), foi a peza elixida pola irreverente banda de Sigüeiro para participar neste festival.

Outra banda galega, Novedades Carminha ven de ser recoñecida nos Premios da Música e Creación Independiente Pop Eye, organizados desde o Festival Cáceres PopArt, de Extremadura. O disco Campeones del mundo (Ernie Records, 2016) foi elixido como o mellor álbum nacional do ano.