Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Rebeliom do Inframundo renóvase con Lume e Rebeliom

A SALA VIGUESA A FARáNDULA ACOLLE A PRESENTACIóN DO TRABALLO O VINDEIRO 30 DE ABRIL

Rebeliom do Inframundo renóvase con Lume e Rebeliom

HIP-HOP | abril 26, 2016

lume_rebeliom_r_inframundo.jpg

Cunha formación ampliada e anovada, Rebeliom no Inframundo publica o seu segundo álbum de estudio. O Nervo (MC), Malvares de Moscoso (MC) e Ichi Som (DJ) son agora os membros fixos do grupo, que conta tamén con contribucións a cargo de Movementss, Frank, 2Pas0s, Dj Rapu e J.CNNR. O novo disco Lume e rebeliom sae á luz da man de Língua Nativa e achega catorce temas nos cales o rock, o folk, o reggae ou a música electrónica se deixan sentir sobre a base de hip-hop que caracteriza o grupo. A denuncia socal mestúrase co lirismo íntimo nun proxecto que inclúe coas colaboracións da viguesa Íria Medranho e o cantante irlandés Brian Brody. A Farándula, en Vigo, acollerá o vindeiro 30 de abril a presentación do título.

VIDEO
datos do disco