Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A incorporación de Iron Maiden marca o vindeiro Resurrection Fest

A BANDA BRITáNICA COMPARTE CARTEL CON PRETO DE 80 GRUPOS

A incorporación de Iron Maiden marca o vindeiro Resurrection Fest

ROCK | decembro 10, 2015

imaxe non dispoñible

A XI edición do Resurrection Fest, que se celebrará en Viveiro entre o 7 e o 9 de xullo de 2016 promete bater marcas. A organización do evento acaba de confirmar a presenza de Iron Maiden como cabeza de cartel da vindeira xeira, nun dos tres únicos concertos que a banda vai realizar no Estado. Esta será a primeira vez que o celebérrimo grupo británico visita Galicia en máis de 13 anos. Canda a eles, están tamén confirmados nomes como The Offspring, Volbeat, Hatebreed, Bullets for my valentine ou Abbath entre as preto de 80 bandas de metal, punk e hardcore que estarán presentes no evento. Os bonos para os tres días do festival están xa a venda por 85 euros.